Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2012 Páx. 33379

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2971/2012 JS).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2971/2012 JS.

Xulgado de orixe/autos: Demanda 374/2011 Xulgado do Social número 1 de Vigo.

Recorrente: Clara García Oliveira.

Avogado: Javier Rodríguez Fernández.

Recorridos: Fogasa, Instituto Galego de Novas Profesións.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 2971/2012 JS desta sección, seguido por instancia de Clara García Oliveira contra a empresa Fogasa, Instituto Galego de Novas Profesións sobre incidentes de execución, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos. Estimamos en parte o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Clara García Oliveira contra o auto do Xulgado do Social número 1 dos de Vigo de data 9.3.2012, que acordou desestimar o recurso de reposición interposto contra o auto de data 8.2.2012, o cal desestimou a execución, por entender prescrita a acción executiva, e confirmámolo no que se refire á indemnización polo despedimento pero non en canto á execución dos salarios de tramitación, e acordamos, no seu lugar, a execución destes desde a data do despedimento ata a firmeza da sentenza, a razón de 16,45 €/día.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma á demandada Instituto Galego de Novas Profesións, cuxo domicilio na actualidade se ignora, expido e asino a presente.

A Coruña, 27 de xullo de 2012

A secretaria xudicial