Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2012 Páx. 33388

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (697/2011).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 697/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Rodríguez Fernández e Dolores Trasancos Fernández contra Congelados Orlando, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

«Decido que, estimando parcialmente a demanda presentada por José Manuel Rodríguez Fernández e Dolores Trasancos Fernández contra a empresa Congelados Orlando, S.L., debo condenar e condeno a demandada a aboarlles aos demandantes as cantidades de 4.785,84 euros e 4.231,08, respectivamente, máis os xuros de mora. Procede a absolución do Fogasa sen prexuízo da ulterior responsabilidade que puidese alcanzalo nos casos legalmente previstos».

E para que sirva de notificación en forma a Congelados Orlando, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Lugo, 30 de xullo de 2012

O secretario xudicial