Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2012 Páx. 33075

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1254/2011).

Número de autos: despediemento/cesamentos en xeral 1254/2011.

Demandantes: Manuel Lorenzo Martínez, Javier Palleiro Rodríguez, Enrique Luis Franqueira Ramallo, José Manuel Martínez Naya, Diego Rodríguez Soto, Alfredo José Osende Bardanca, Jesús Gómez Viaño, Manuel Rodríguez Espiñeira.

Demandados: Candame, S.A., NC Joyeros, S.A., Juan Manuel Candame Areosa, S.A., administración concursal Candame, S.A., Fogasa.

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1254/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Lorenzo Martínez e outros contra a empresa Candame, S.A. e outros, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva é do seguinte teor:

«Decisión: que desestimando a excepción de caducidade alegada por Candame, S.A. fronte á demanda formulada por Enrique-Luis Franqueira Ramallo, DNI 32748003-M, José Manuel Martínez Naya, 76335505-T, Diego Rodríguez Soto, 32832936-L, Manuel Lorenzo Martínez, 32430510-GR, Alfredo José Osende Bardanca, 32752587-N, Jesús Gómez Viaño, 33251795-M, Manuel Rodríguez Espiñeira, 33232018-P, Javier Palleiro Rodríguez, 32764498-D, contra Candame, S.A., Juan Manuel Candame Areosa, S.A., a administración concursal de Candame, S.A. e NC Joyeros, S.A., e desestimando igualmente a referida demanda, debo declarar e declaro que non procede, e absolvo as codemandadas das pretensións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contado desde a súa notificación, pasados os cales a sentenza quedará firme en dereito e se procederá ao seu arquivo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación á empresa NC Joyeros, S.A. e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 23 de xullo de 2012

María Blanco Aquino
Secretaria xudicial