Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2012 Páx. 33077

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (614/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 871/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Begoña Mosquera Méndez contra a empresa Ancora Punto, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza: 614/2012.

A Coruña, 19 de xullo de 2012.

Ana I. Sánchez Mira, xuíza substituta do Xulgado número 3 do Social desta cidade, viu os presentes autos de xuízo 871/2010 sobre reclamación de cantidade, seguidos por instancia de Begoña Mosquera Méndez contra Ancora Punto, S.L., quen non compareceu ao acto de xuízo a pesar da súa debida citación.

Decido que estimo a demanda formulada por Begoña Mosquera Méndez contra Ancora Punto, S.L., polo que condeno a demandada a que lle aboe a cantidade de cinco mil catrocentos sesenta e nove euros con cincuenta e oito céntimos (5.469,58 €) máis un 10 % de xuros moratorios.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar previamente ante este xulgado do social no prazo dos cinco días hábiles seguintes contados desde o día seguinte á súa notificación, por comparecencia ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá interpolo; será posible o anuncio por mera manifestación daquela ao ser notificada. A empresa condenada deberá acreditar ao anunciar o recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións do xulgado.

Así, por esta miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Ancora Punto, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de xullo de 2012

O secretario xudicial