Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2012 Páx. 33078

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (840/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 840/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Barros Pazos contra a empresa Horta do Atlántico, SCG, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza: 617/2012.

A Coruña, 19 de xullo de 2012.

Ana I. Sánchez Mira, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 da Coruña, viu os presentes autos de xuízo 840/2010 sobre reclamación de cantidade seguidos por instancia de José Ramón Barros Pazos contra JMP Horta do Atlántico, SCG, quen non compareceu ao acto de xuízo a pesar da súa debida citación.

Decisión.

En atención ao exposto, este órgano xudicial, pola autoridade que lle confire a Constitución, decidiu que estimo a demanda formulada por José Ramón Barros Pazos contra Horta do Atlántico, SCG, polo que condeno a demandada a que aboe a cantidade de seis mil tresceintos setenta e dous euros con cincuenta e dous céntimos (6.372,52 €).

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar previamente ante este xulgado do social no prazo dos cinco días hábiles seguintes contados desde o día seguinte á súa notificación, por comparecencia ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá interpolo; será posible o anuncio por mera manifestación daquela ao ser notificada. A empresa condenada deberá acreditar ao anunciar o recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións do xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Horta do Atlántico, SCG, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de xullo de 2012

O secretario xudicial