Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2012 Páx. 33079

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (931/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe

Certifico: que neste xulgado se seguen autos número 931/2010 por instancia de Julio Taibo Regueira contra a empresa Kingland, S.L., sobre reclamación de cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 18.7.2012, que copiada nos particulares necesarios di así:

Decisión

Estímase parcialmente a demanda interposta por Julio Taibo Regueira fronte a Kingland, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Kingland, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de corenta e tres mil trescentos sesenta e dous euros con doce céntimos de euro (43.362,12 euros).

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Kingland S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 24 de xullo de 2012

O secretario xudicial