Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2012 Páx. 33073

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (569/2009 MCR).

Secretaría: M. Socorro Bazarra Varela.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 569/2009 MCR.

Materia: reintegro de prestacións.

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Laboreiro Obras y Servicios, S.L.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 1 de Ourense.

Demanda: 471/2008.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 569/2009 MCR a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 471/2008 do Xulgado do Social número 1 de Ourense, promovidos pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Laboreiro Obras y Servicios, S.L., sobre reintegro de prestacións, con data 17 de xullo de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Que considerando o recurso de suplicación interposto pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a sentenza de data 7 de novembro de 2008, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ourense, en autos seguidos por instancia da recorrente contra INSS, TXSS e a empresa Laboreiro Obras y Servicios, S.L., a sala revógaa e estimando integramente a demanda declara a responsabilidade directa da empresa Laboreiro, Obras y Servicios, S.L. polas prestacións derivadas de incapacidade temporal e asistencia sanitaria por importe de 3.181,65 euros, e condénase a citada empresa ao seu reintegro á mutua recorrente, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social e da TXSS da cantidade derivada de continxencias profesionais, por importe de 2.100,64 euros, devolvendo á recorrente a cantidade consignada para iso.

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Laboreiro Obras y Servicios, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 17 de xullo de 2012

A secretaria xudicial