Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2012 Páx. 33088

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (883/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 883/2010 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Álvaro Manuel Prego López, Julio Balsa Barcia, José Luis Vázquez Temprano, Fco. Javier Chas Freire, Alberto Fernández Pose, Said Ed Roggany, Bousellham Er Roggany contra a empresa Fondo de Garantía Salarial, Conszoa, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza

A Coruña, 18 de xullo de 2012

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 883/2010, sendo demandantes Julio Balsa Barcia, José Luis Vázquez Temprano, Francisco Javier Chas Freire, Alberto Fernández Pose, Said Er Roggany, Bousellham Er Roggany e Álvaro Manuel Prego López, representado polo letrado Sr. Pousa Merens, e demandada a empresa Conszoa, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

DISPOÑO:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Julio Balsa Barcia, de José Luis Vázquez Temprano, de Francisco Javier Chas Freire, de Alberto Fernández Pose, de Said Er Roggany, de Bousellham Er Roggany e de Álvaro Manuel Prego López contra a empresa Conszoa, S.L., e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar a Julio Balsa Barcia a cantidade de 3.530,94 euros, a José Luis Vázquez Temprano a cantidade de 5.866,22 euros, a Francisco Javier Chas Freire a cantidade de 4.500,94 euros, a Alberto Fernández Pose a cantidade de 4.500,94 euros, a Said Er Roggany a cantidade de 5.323,86 euros, a Bousellham Er Roggany a cantidade de 3.246,48 euros e a Álvaro Manuel Prego López a cantidade de 2.721,01 euros que debe, cantidades, estas, que deberán incrementarse co xuro de mora do 10 % respecto dos conceptos de carácter estritamente salarial.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.»

E para que conste e sirva de notificación a Conszoa, S.L. expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios do xulgado.

A Coruña, 23 de xullo de 2012

A secretaria xudicial