Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2012 Páx. 33086

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (458/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 458/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Leónidas Sánchez Figuereo contra a empresa Tortelli, S.L., sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 18 de xullo de 2012

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 458/2012, sendo demandantes Leónidas Sánchez Figuereo, representado polo letrado Sr. Pousada Duarte, e demandada a empresa Tortelli, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Leónidas Sánchez Figuereo contra a empresa Tortelli, S.L. e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato do demandante e condeno a empresa demandada a que, no prazo de 5 días desde a notificación da presente sentenza, opte entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían no momento de producirse o despedimento, así como ao aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a da presente sentenza, importan a cantidade de 6.514,06 euros, aos cales se deberán engadir os que se perciban ata a notificación desta, a razón de 54,74 euros diarios, e a extinción da relación laboral con aboamento a Leónidas Sánchez Figuereo da cantidade de 2.627,52 euros, en concepto de indemnización.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e lle sirva de notificación a Tortelli, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios do xulgado.

A Coruña, 23 de xullo de 2012

A secretaria xudicial