Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2012 Páx. 33090

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (873/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 873/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Canle Sánchez, Manuel Conde Mosquera, Manuel García Naya, Miguel A. Martínez Castro, Luis Melado Álvaro, José Otero Adrán, José Luis Pérez Vázquez, José Antonio Rodríguez Trigo, Manuel Senlle Canosa, Arturo Sueiro Núñez, Obdulio Varela Arcas, Juan Manuel Vázquez González, contra a empresa herdeiros de Andrés Regueiro Sánchez, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 5 de xullo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 873/2010, sendo demandantes Juan Canle Sánchez, Manuel Conde Mosquera, Manuel García Naya, Miguel A. Martínez Castro, Luis Melado Álvaro, José Otero Adrán, José Luis Pérez Vázquez, José Antonio Rodríguez Trigo, Manuel Senlle Canosa, Arturo Sueiro Núñez, Obdulio Varela Arcas e Juan Manuel Vázquez González, representados pola letrada Sra. Garrido Fernández, e demandada a empresa herdeiros de Andrés Regueiro, S.L. (Isuzu-Ibeco-Pegaso), despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Juan Canle Sánchez, de Manuel Conde Mosquera, de Manuel García Naya, de Miguel A. Martínez Castro, de Luis Melado Álvaro, de José Otero Adrán, de José Luis Pérez Váquez, de José Antonio Rodríguez Trigo, de Manuel Senlle Canosa, de Arturo Sueiro Núñez, de Obdulio Varela Arcas e de Juan Manuel Vázquez González contra a empresa herdeiros de Andrés Regueiro, S.L. (Isuzu-Ibeco-Pegaso), e en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboarlle a Juan Canle Sánchez a cantidade de 12.261,67 euros, a Manuel Conde Mosquera a cantidade de 838,93 euros, a Manuel García Naya a cantidade de 11.902,54 euros, a Miguel A. Martínez Castro a cantidade de 11.797,78 euros, a Luis Melado Álvaro a cantidade de 12.862,15 euros, a José Otero Adrán a cantidade de 11.954,30 euros, a José Luis Pérez Vázquez a cantidade de 14.460,67 euros, a José Antonio Rodríguez Trigo a cantidade de 12.598,34 euros, a Manuel Senlle Canosa a cantidade de 9.650,71 euros, a Arturo Sueiro Núñez a cantidade de 14.729,54 euros, a Obdulio Varela Arcas a cantidade de 703,48 euros e a Juan Manuel Vázquez González a cantidade de 11.939,62 euros que debe.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a herdeiros de Andrés Regueiro Sánchez, S.L. expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios do xulgado.

A Coruña, 23 de xullo de 2012

A secretaria xudicial