Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2012 Páx. 33092

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (834/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 834/2010 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Daniel Vázquez Carballo, Jesús García Vázquez contra a empresa Anxo Obras, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza

A Coruña, 5 de xullo de 2012

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 834/2010, sendo demandantes Daniel Vázquez Carballo e Jesús García Vázquez, representado polo letrado Sr. Pampín Miras, e demandada a empresa Anxo Obras, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

DISPOÑO:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Daniel Vázquez Carballo e de Jesús García Vázquez contra a empresa Anxo Obras, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboarlle a Daniel Vázquez Carballo a cantidade de 6.953,06 euros e a Jesús García Vázquez a suma de 4.092,80 euros que debe, cantidades, estas, que deberán incrementarse co xuro de mora do 10 % respecto dos conceptos de carácter estritamente salarial.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.»

E para que conste e lle sirva de notificación a Anxo Obras, S.L. expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios do xulgado.

A Coruña, 23 de xullo de 2012

A secretaria xudicial