Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2012 Páx. 32741

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (255/2011).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vilagarcía de Arousa.

Sentenza.

Xuíza que a dita: Paula Pilar Araújo López.

Lugar: Vilagarcía de Arousa.

Data: 19 de decembro de 2012.

Demandante: Solvida Sanxenxo, S.L.

Avogada: Romina Fernández Pena.

Procurador: Jesús Martínez Melón.

Demandada: A Fábrica Sanxenxo, S.L.

Procedemento: procedemento ordinario 255/2011.

Vistos por Paula Araújo López, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vilagarcía de Arousa, os presentes autos de xuízo ordinario número 255/2011 seguidos a instancia de Solvida Sanxenxo, S.L., representada polo procurador Sr. Martínez Melón e baixo a dirección da letrada Sra. Fernández Pena, contra a mercantil A Fábrica Sanxenxo, S.L., en situación de rebeldía procesual.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido que, estimando substancialmente a demanda formulada pola representación procesual de Solvida Sanxenxo, S.L., contra A Fábrica Sanxenxo, S.L., declárase que A Fábrica Sanxenxo, S.L. lle debe e debe aboar á demandante a cantidade líquida, vencida e exixible de 20.636,25 euros, e na súa virtude condénase a demandada a estar e pasar pola anterior declaración, ao pagamento á demandante da cantidade de 20.636,25 euros, máis o pagamento dos xuros legais correspondentes desde a sentenza. Todo iso con expresa imposición das custas á demandada.

Notifíquese ás partes. Esta resolución non é firme e contra ela cabe a posibilidade de interpoñer ante este xulgado recurso de apelación dentro dos cinco días seguintes á súa notificación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza no día da data pola xuíza que a subscribe en audiencia pública do que eu, secretaria, dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de A Fábrica Sanxenxo, S.L., expídese a presente para que sirva de cédula de notificación de sentenza.

Vilagarcía de Arousa, 8 de febreiro de 2012

A secretaria xudicial