Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2012 Páx. 32740

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (702/2011).

Patricia Raposo Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal seguido por instancia de Instalaciones Eléctricas Raúl, S.L. fronte a Mercedes Leiro Bouzas e José Manuel Ruibal Crespo, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Decido que estimo a demanda interposta polo procurador Sr. Domínguez Lino, en nome e representación de Instalaciones Eléctricas Raúl, S.L., contra José Manuel Ruibal Crespo e Mercedes Leiro Bouzas, e condeno a José Manuel Ruibal Crespo e Mercedes Leiro Bouzas a pagar solidariamente a Instalaciones Eléctricas Raúl, S.L., a suma de 1.861,05 euros, máis os xuros legais desa cantidade desde o 27 de setembro de 2011 ata a data desta resolución, e desde esta, os xuros sinalados no artigo 576 da LAC.

As custas procesuais impóñense a José Manuel Ruibal Crespo e Mercedes Leiro Bouzas».

E encontrándose os devanditos demandados, Mercedes Leiro Bouzas e José Manuel Ruibal Crespo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 21 de xuño de 2012

A secretaria xudicial