Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2012 Páx. 32743

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (206/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 206/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Figueroa Piñeiro contra a empresa Aislamientos Pemos, S.L., e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse sentenza o 28.6.2012 cuxo ditame é o seguinte:

Decido.

1) Que, estimando integramente a reclamación por despedimento formulada en demanda por José David Figueroa Piñeiro, con DNI 79337656 F, contra a empresa Aislamientos Pemos, S.L., cualifico como improcedente o despedimento do 16.1.2012, e ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral do demandante coa empresa demandada, con efectos da data de hoxe, día 28.6.2012, e condeno a devandita empresa a estar e pasar por tal declaración, e a que lle aboe ao traballador as seguintes cantidades:

Indemnización

Salarios

4.142,77 €

(97,5 días*42,49 €/día)

6.968,36 € (16.1.2012/28.6.2012)

2) Que, estimando integramente a reclamación de cantidade acumulada en demanda por José David Figueroa Piñeiro, con DNI 79337656F, contra a empresa Aislamientos Pemos, S.L., debo declarar e declaro haber lugar a ela, e condeno a demandada a que o aboe ao actor a cantidade de 4.261,78 euros brutos, polos conceptos que se especifican no feito probado terceiro da presente resolución.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de suplicación, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, por comparecencia ou por escrito das partes, o seu avogado ou o seu representante legal, designando o letrado que deberá de interpoñelo, sendo posible o anuncio por mera manifestación daquela ao ser notificada, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar ao anunciar o recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta en Banesto, conta n.º 1531, clave 60, podendo substituírse por aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 300 euros na conta n.º 1531, clave 34, e en calidade de depósito e en impreso separado do do importe da condena.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Aislamientos Pemos, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xullo de 2012

A secretaria xudicial