Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2012 Páx. 32325

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (210/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 210/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José María García Garrido contra a empresa Ploder-Uicesa Obras y Construcciones, S.A.U. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditó a seguinte sentenza cuxo encabezamento e resolución din o seguinte:

«Asunto 210/2010.

A Coruña, 17 de xullo de 2012.

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de José María García Garrido, que comparece representado polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, contra a empresa Ploder-Uicesa Obras y Construcciones, S.A.U. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparece, ditouse a seguinte

Resolución:

Que estimando a demanda interposta por José María García Garrido contra a empresa Ploder-Uicesa Obras y Construcciones, S.A.U., condénoa a que lle aboe a cantidade de vinte e catro mil euros (24.000 euros).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptivas para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta mi sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que sirva de notificación de forma legal a Ploder-Uicesa Obras y Construcciones, S.A.U., en paradoiro descoñecido, expido esta cédula de notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que teñan forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamentos.

A Coruña, 19 de xullo de 2012

A secretaria xudicial