Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2012 Páx. 32327

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (583/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 583/2010 por instancia de Susana Iglesias Vázquez e Carlos Bello Martínez contra a empresa Pablo Baltasar Puentes sobre reclamación de cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 13.7.2012, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión:

Estímase a demanda interposta por Susana Iglesias Vázquez e Carlos Bello Martínez fronte a Susana Iglesias Vázquez e, en consecuencia:

Condénase a empresa Pablo Baltasar Puentes, S.L. a aboarlles aos demandantes as seguintes cantidades:

– A Susana Iglesias Vázquez a cantidade de tres mil trescentos sesenta e dous euros con setenta e nove céntimos de euro (3.362,79 euros), percibindo os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

– A Carlos Bello Martínez a cantidade de mil oitocentos trinta e tres euros con noventa e seis céntimos de euro (1.833,96 euros), percibindo os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu abogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Pablo Baltasar Puentes, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 20 de xullo de 2012

A secretaria xudicial