Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2012 Páx. 32329

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (121/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 121/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Jesús Gómez Vázquez contra a empresa Josefa Castro García, LOFI CB, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Dispoño: declarar extinguida a relación laboral que unía a María Jesús Gómez Vázquez coa empresa Josefa Castro García, LOFI CB, e condenar a esta ao pagamento das seguintes cantidades:

Nome da traballadora: María Jesús Gómez Vázquez.

Indemnización: 2.571,53 euros (dous mil cincocentos setenta e un euros, con cincuenta e tres céntimos).

Salarios: 8.090,37 euros (oito mil noventa euros con trinta e sete céntimos).

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 20 de xullo de 2012

O secretario xudicial