Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2012 Páx. 32323

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (543/2011).

Procedemento: recurso de apelación (LACN) 543 /2011.

Sobre: filiación.

De: Aurora Blanco Maroñas.

Procuradora: María Dolores Neira López.

Contra: José Luis García García.

Procuradora: Carmen Belo González.

Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección 5ª da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que no rolo de apelación que se dirá se ditou sentenza con data 2 de febreiro de 2012, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 2 de febreiro de 2012.

No recurso de apelación civil número 543/2011, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primera Instancia número 1 de Negreira, en xuízo de filiación número 317708, seguido entre partes: como apelantes: Aurora Blanco Maroñas, Sofía Blanco Maroñas, Jesús Blanco Maroñas, Mª Carmen Blanco Maroñas, Manuel Blanco Vilariño e María Blanco Vilariño, representados polo procuradora Sra. Neira López; como apelados: José Luis García García e José Antonio Martínez Barreiro, representados pola procuradora Sra. Belo González e Ministerio Fiscal, como partes declaradas en rebeldía; María Blanco Maroñas, Mario Blanco Romualdo, Carmen Blanco Romualdo, Patricia Blanco Romualdo e persoas descoñecidas herdeiras de Emilio Blanco Maroñas, sendo relator Julio Tasende Calvo.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Decisión:

Desestimando o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Aurora Blanco Maroñas, Sofía Blanco Maroñas, Jesús Blanco Maroñas, Mª Carmen Blanco Maroñas, Manuel Blanco Vilariño e María Blanco Vilariño contra a sentenza ditada no procedemento de filiación número 317/08, ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Negreira, debemos confirmar e confirmamos a dita resolución, e condenamos a parte apelante ao pagamento das custas desta alzada.

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia co obxecto de notificar as partes declaradas en rebeldía persoas descoñecidas herdeiras de Emilio Blanco Maroñas, expido e asino este edicto na Coruña, 1 de xuño de 2012. Dou fe».

A secretaria xudicial