Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2012 Páx. 32322

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2421/2009-CON).

Secretaria: Socorro Bazarra Varela.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2421/2009-CON.

Materia: accidente.

Recorrente: María del Pilar Couce Regueira.

Entidades contra as que se recorre: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Galega de Accidentes de Traballo, Grupo Platón, S.L.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 1 de Ferrol, demanda 215/2008.

Nas actuacións sobre recurso de suplicación número 2421/2009-CON a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 0000215/2008 do Xulgado do Social número 1 de Ferrol promovidos por María del Pilar Couce Regueira contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Galega de Accidentes de Traballo, Grupo Platón, S.L., sobre accidente, con data do 16 de xullo de 2012 ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da demandante, contra a sentenza de data do 21 de novembro de 2008, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ferrol, en autos 215/2008, confirmamos a sentenza contra a que se recorre.

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E, para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Grupo Platón, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 16 de xullo de 2012

A secretaria xudicial