Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2012 Páx. 32320

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2012 pola que se fai pública a relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para a provisión dunha praza de secretario técnico da área de informática, vacante no cadro de persoal laboral de administración e servizos da Universidade da Coruña, convocadas pola Resolución do 5 de abril de 2011.

Unha vez finalizado o proceso selectivo para a provisión dunha praza de secretario técnico da área de informática (grupo II), da vixente relación de postos de traballo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade da Coruña, convocado pola Resolución do 5 de abril de 2011 (DOG do 6 de maio), e á vista da proposta de persoas aspirantes aprobadas feita polo tribunal que xulga estas probas,

A Xerencia da Universidade da Coruña, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada por Resolución do 16 de xaneiro de 2012,

RESOLVE:

Facer pública a relación definitiva de persoas aprobadas nestas probas selectivas, que son as que se relacionan no anexo.

Contra esta resolución e de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), a persoa interesada poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o reitor no prazo dun mes, ou directamente recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses na forma e nas condicións que están previstas na lei reguladora da dita xurisdición, que contan a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

A Coruña, 31 de xullo de 2012

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO
Relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para a provisión de prazas de secretario técnico da área de informática, vacante no cadro de persoal laboral de administración e servizos da Universidade da Coruña, convocadas pola Resolución do 5 de abril de 2011 (DOG do 6 de maio)

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación total

32816548-X

Fernández Méndez, María Carmen

Libre

72,93