Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2012 Páx. 32336

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1467/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados baixo o número 1467/2009, seguidos por instancia de José Francisco Teira Ventoso contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Mar Alegre, S.L., e Concha de San Sebastián ditouse a resolución cuxo encabezamento e ditame é o seguinte:

«Auto.

A Coruña, 17 de xullo de 2012.

Antecedentes de feito.

Único. O día 31 de maio do ano en curso ditouse sentenza no presente procedemento.

Despois de ser presentado neste xulgado o pasado día 28 de xuño por parte da letrada da Administración da Seguridade Social, en nome e representación do Instituto Nacional da Seguridade Social, escrito en que pedía a aclaración da resolución de referencia, cómpre acceder ao formulado.

Parte dispositiva.

Que debo acordar e acordo a aclaración da sentenza do 31 de maio de 2012 ditada no presente procedemento no significado seguinte:

Que no ditame da referida sentenza se substitúa a mención «debo estimar e estimo a demanda interposta», pola referencia «debo desestimar e desestimo a demanda interposta», e iso con mantemento inalterado do resto do seu contido.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo».

E para que sirva de notificación a Mar Alegre, S.L. e a Concha de San Sebastián, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 19 de xullo de 2012

A secretaria xudicial