Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2012 Páx. 32338

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan, a quen non se lle puido facer por correo certificado, as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Contra estas resolucións poderán interpoñer os interesados recurso de alzada, perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírtase que de non ser iniciado este en tempo e forma deberá de aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería, a favor do Tesouro da Facenda Galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo constar o número do expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Lugo, 23 de xullo de 2012

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº expt.

Precepto infrinxido

Último domicilio

Resolución

ASJ y NFL Hostelería, S.L.U.

B-27421072

LU-E 56/12

26.e) LO 1/1992

Estrado da Costa nº 26, Benquerencia (Barreiros)

Multa de 90 €

ASJ y NFL Hostelería, S.L.U.

B-27421072

LU-E 60/12

26.e) LO 1/1992

Estrada da Costa nº 26, Benquerencia (Barreiros)

Multa de 90 €

Montserrat Novo Gallardo

44425853

LU-E 65/12

26.e) LO 1/1992

Avda. Xeneralísimo, 23-25, 2º D, Meira

Multa de 90 €