Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2012 Páx. 32334

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (907/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 907/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa empresa Manuel Jesús González Varela, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 13 de xullo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 907/2010, sendo demandante a Fundación Laboral de la Construción, coa representación do letrado Sr. Núñez Fernández, e demandada a empresa Manuel Jesús González Varela.

Dispoño:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta pola Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Manuel Jesús González Varela, e, en consecuencia, condeno esta última a aboar a Fundación Laboral de la Construcción a cantidade de 424,52 euros que lle debe.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada-xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Manuel Jesús González Varela expido a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 19 de xullo de 2012

A secretaria xudicial