Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2012 Páx. 32114

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (404/2004).

Procedemento: ordinario 404/2004.

De: Luis Picos Álvarez, María de la Luz Picos Álvarez, Francisco Picos Álvarez, José Picos Álvarez, herdeiros de Luz Felicitas Álvarez Pérez.

Procurador/a: sen profesional asignado, sen profesional asignado, sen profesional asignado, sen profesional asignado, Carmen Corte Romero.

Contra: José Pérez Pazos Herencia Yacente e herdeiros descoñecidos incertos de Ángel Pérez Naranjo, Rubi del Carmen Pérez Naranjo, Ángela Belkis Pérez Naranjo.

Procurador/a: sen profesional asignado, sen profesional asignado, sen profesional asignado, sen profesional asignado.

No procedemento de referencia ditouse a sentenza que copiada na súa parte interesada di:

«Sentenza.

Ferrol, dous de novembro de dous mil sete

María Marta Guillemet García, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Ferrol, viu estes autos de xuízo ordinario seguidos co número 404/2004 por instancia de Luz Felicitas Álvarez Pérez, e en virtude de sucesión procesual, dos seus lexítimos herdeiros, Luís Picos Álvarez, María de la Luz Picos Álvarez, Francisco Picos Álvarez e José Picos Álvarez, representados pola procuradora Sra. Corte Romero e asistidos polo letrado Sr. Frieiro López contra Ángel Pérez Naranjo, Rubi del Carmen Pérez Naranjo, Ángela Belkis Pérez Naranjo e a herdanza xacente e herdeiros descoñecidos e incertos de José Pérez Pazos, en situación de rebeldía procesual.

Decisión que estimando integramente a demanda interposta pola procuradora Sra. Corte Romero, en nome e representación de Luz Felicitas Álvarez Pérez e, en virtude de sucesión procesual, dos seus lexítimos herdeiros, Luís Picos Álvarez, María de la Luz Picos Álvarez, Francisco Picos Álvarez e José Picos Álvarez, declaro:

1º Que Luz Felicitas Álvarez Pérez adquiriu por usucapión os seguintes terreos:

1. Terreo a monte no sitio chamado Silveiro, mide nove áreas e trinta e sete centiáreas, igual a un ferrado e sete décimas. Linda ao norte, Benito Gómez, sur, herdeiros de Francisco Picos, leste e oeste, Pedro Brige.

2. Terreo a souto no sitio de San Vitorio, mide catro áreas e corenta e unha centiáreas, igual a catro quintos dun ferrado. Linda norte, máis de Ramón Pérez, sur de Nicolasa Pérez, leste, Miguel Mauriz e oeste, Andrés Bayolo.

3. Terreo no sitio de Balado, de vinte e seis áreas e cincuenta centiáreas, igual a catro ferrados. Linda norte, máis de Ramona Pérez, sur máis de Nicolasa Pérez, leste, Andrés Bayolo e outros, e oeste, ribazo que separa e a sostén de Ignacio Vázquez, Ventura Landrove e outros.

4. Terreo sito no municipio de Mugados, parroquia de Mehá, terreo a prado de regadío, no sitio de Balado, de sete áreas e oitenta e cinco centiáreas, igual a un ferrado e dous quintos de terreo. Linda norte, camiño serventío, sur, herdeiros de Josefa Baloyo, leste, camiño, e oeste, tamén camiño.

– Que os ditos terreos forman parte do patrimonio hereditario de Luz Felicitas Álvarez Pérez, sendo propiedade dos seus lexítimos herdeiros.

– Condeno os demandados a estar e pasar por esta declaración e respectar o dominio dos lexítimos herdeiros de Luz Felicitas Álvarez Pérez, e absteranse de perturbar a dita posesión.

– Ordénase o preciso para a inscrición no Rexistro da Propiedade da titularidade dominical dos demandantes sobre os terreos adquiridos e, de ser o caso, a cancelación de asentos rexistrais contraditorios.

Impóñense as custas aos demandados.

Esta sentenza non é firme e contra ela poderá interporse, neste xulgado, recurso de apelación que deberá prepararse ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes á súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro da herdanza xacente e herdeiros descoñecidos e incertos de José Pérez Pazos, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Ferrol, 28 de outubro de 2008

O/a secretario/a