Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2012 Páx. 32111

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña

EDICTO (1344/2008).

Elma Monzón Cuesta, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, polo presente anuncio.

No presente procedemento ordinario 1344/2008-N, seguido por instancia de Mª de los Ángeles Mosquera Rodríguez fronte a Emiliana Sara Coya Iglesias, Ana Encarnación García Castro, Rosa García Castro, Mª Jesús García Castro e Francisco Javier García Castro, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Ordinario 1344/2011 N.

Xuíza que a dita: Milagritos Belso Sempere.

Lugar: A Coruña.

Data: dezanove de outubro de dous mil once.

Demandante: María de los Ángeles Mosquera Rodríguez.

Avogada: Mª del Rial Lourido.

Procuradora: Ángela Otero Llovo.

Demandada: Emiliana Sara Coya Iglesias, herdeira de Flora Torreiro Iglesias.

Avogado: Sr. Martínez Risco.

Procurador: Jorge Bejerano Pérez.

Demandada: María Ana Encarnación García Castro, herdeira de Flora Torreiro Iglesias.

Avogada: Olga López Carballo.

Procuradora: Pilar Castro Rey.

Demandados: Rosa García Castro, Mª Jesús García Castro e Francisco Javier García Castro; herdeiros de Flora Torreiro Iglesias, en situación procesual de rebeldía.

Dedicisión que debo estimar e estimo a demandada formulada por María de los Ángeles Mosquera Rodríguez, representada pola procuradora Sra. Otero Llovo, contra Sara Emiliana Coya Iglesias, representada polo procurador Sr. Bejerano Pérez, María Ana Encarnación García Castro, representada pola procuradora Sra. Castro Rey, e contra Rosa García Castro, María Jesús García Castro e Francisco Javier García Castro, rebeldes, declarando:

a. A obriga dos demandados de realizar o informe técnico de inspección de edificios, requirido polo concello.

b. A obriga de realizar as obras necesarias para o mantemento e conservación do edificio, exixidas polo concello, e que se concreta nas seguintes:

– Eliminación controlada de posibles zonas inestables en fachada, cornixa e balcóns con risco de desprendemento a vía pública, no prazo de dez días.

– Traballos de mantemento en xeral da fachada, tomando as medidas oportunas en canto ás armaduras, logo de presentación, no prazo dun mes de proxecto técnico de reparación e rehabilitación, visado e redactado por técnico competente, con cumprimento da normativa que sexa de aplicación en relación ao grao de protección do inmoble.

Así como calquera outra que sexa necesaria para manter o bo estado de conservación e seguridade do edificio. Establécese para iso o prazo de dous meses, transcorridos os cales sen que os demandados cumprisen coas súas obrigas, poidan ser executadas estas á súa custa.

Non se fai expresa imposición en custas respecto dos demandados comparecidos e si respecto dos demandados declarados en situación de rebeldía procesual.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra esta sentenza poderá interporse recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo dos cinco días seguintes á súa notificación, que se preparará ante este mesmo xulgado con suxeición aos artigos 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

De conformidade co disposto na disposición adicional 15ª da LOPJ na reforma introducida pola LO 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial, pola que se modifica a LOPX 6/1985, do 1 de xullo, a admisión a trámite do recurso quedará supeditada, ao anunciarse ou prepararse este, á acreditación da prestación de depósito polo recorrente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado do importe de 50 euros.

Así, por esta sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E encontrándose o dito demandado, Francisco Javier García Castro, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

A Coruña, 20 de xullo de 2012

A secretaria xudicial