Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2012 Páx. 32110

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (19/2011).

No procedemento de referencia JVB 19/11 ditouse sentenza o 16.4.2012 por instancia de Disdega, S.L. fronte a Óscar de la Torre Dopazo e José Benito Abilleira Pérez do teor literal seguinte:

«Decido que, estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de Disdega, S.L. fronte a Óscar de la Torre Dopazo e José Benito Abilleira Pérez, condeno ambos os dous demandados a aboar á demandante, nos termos establecidos no fundamento xurídico terceiro da presente, a suma de 3.536,77 euros máis o xuro legal do diñeiro que se computará desde o 11 de febreiro de 2011.

Con expresa imposición das custas deste procedemento ás partes demandadas.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra que se interpoñerá directamente neste xulgado no prazo de 20 días desde a súa notificación, logo de acreditación do depósito da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado, domiciliada na entidade Banesto».

Notifíquese ás partes.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Óscar de la Torre Dopazo, expídese a presente para que sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 18 de abril de 2012

O/a secretario/a xudicial