Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2012 Páx. 32117

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (575/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 575/10 por instancia de Lucía Díaz Vázquez contra a empresa Cascel Proyectos, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 13.7.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Ditame.

Estímase a demanda interposta por Lucía Díaz Vázquez, fronte a Cascel Proyectos, S.L. e, en consecuencia, condénase a empresa Cascel Proyectos, S.L. a aboar á demandante a cantidade de mil cincocentos setenta e dous euros con oitenta e cinco céntimos de euro (1.572,85 euros), percibindo os conceptos salariais do 10% de xuro moratorio.

Notifíquese a resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Cascel Proyectos, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 18 de xullo de 2012

A secretaria xudicial