Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2012 Páx. 31768

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1824/09-GA).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación número 1824/09-GA desta sección, seguido por instancia de Antonio González Álvarez, Julio Tenorio Abal, Jorge Conde Alfonso, José Ángel Suárez Oujo, Manuel Costa González, José Carlos Fernández Blanco, Ramiro Francisco Guedella, Julio Veloso Villar, José Luis Rodríguez Serantes, Antonio Rodríguez de la Cruz, Miguel Rodríguez Velacruz, Francisco Pérez Figueroa contra Sociedad Estatal de Estiba e Estiba de Buques del Puerto de Vigo, Confederación Intersindical Galega (CIG), César Vaz Pintos, José A. Doval Collazo, José Luis Collazo González, Enrique Freiría Fernández, Juan Carlos Piñeiro Ogando, Víctor Manuel Pérez Rodríguez, Santiago Rojo Moreira, Guillermo Agustí García, José Javier Rodríguez Fernández, Antonio Román Landeiro, José Manuel Rodríguez Pérez, Francisco Alonso López, Eduardo Tierra Fernández, Iván Correa Fernández, José Rodríguez Vázquez, Marcos Domínguez Rivera, David Portasany Carballido, Óscar Pérez Entenza, José A. Cotón Garrido, Alberto Riesco Davila, Roberto Rivera Rodeiro, José Luis Rial Pozo, Álvaro Valiño Armada, Francisco Valiño Armada, Adrián Fernández Fernández, Pablo Marín Gómez, Julio Pérez Sanjuán, Ricardo Estévez Pérez, Cristian Freiría Vila, Aitor Vila Rodríguez, Rafael González González, José Lago Álvarez, Jonathan González Pacio, Alejandro Guisande Freiría, UGT (Unión Xeral de Traballadores), CC.OO. (Comisións Obreiras), Comisión mixta III e IV acordo marco para regulación rel. lab. sect. portuario, Portos do Estado, Anesco, Coordinadora Estatal de Traballadores do Mar, LAB, sobre outros dereitos laborais, con data dezanove de xullo de dous mil doce ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Decidimos:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de José Carlos Fernández Blanco, José Luis Rodríguez Serantes, Julio Beloso Villar, Manuel Costa González, Julio Tenorio Abal, Ramiro Francisco Guedella, Francisco Pérez Figueroa, Jorge Conde Alfonso, Antonio González Álvarez, Miguel Rodríguez de la Cruz, José Ángel Suárez Oujo e Antonio Rodríguez de la Cruz, contra a sentenza do Xulgado do Social número 5 de Vigo, do 3 de decembro de 2008, en autos número 546/2008, que confirmamos.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a LAB, actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de xullo de 2012

A secretaria xudicial