Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2012 Páx. 31766

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1072/2012 MDM).

Secretaría: Sr. Gamero López-Peláez/MDM.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1072/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 607/2011 do Xulgado do Social número 3 de Ourense.

Recorrentes: Manuel Rodríguez Pérez, Roberto Fernández Blanco, Tito Rodríguez Eiro, Gonzalo Rodríguez Eiro.

Avogado: José Feijoo Miranda.

Recorrido: Marcos Moda, S.L.

Recorrido: Fogasa.

Avogado: avogado do Estado.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 1072/2012 a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 607/2011 do Xulgado do Social número 3 de Ourense, promovidos por Manuel Rodríguez Pérez, Roberto Fernández Blanco, Tito Rodríguez Eiro e Gonzalo Rodríguez Eiro contra a empresa Marcos Moda, S.L., e sendo parte o Fondo de Garantía Salarial, sobre resolución de contrato, con data 11 de xuño de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos: desestimando o recurso de suplicación interposto por Roberto Fernández Blanco, Manuel Rodríguez Pérez, Tito Rodríguez Eiro e Gonzalo Rodríguez Eiro contra a Sentenza do 3 de novembro de 2011 do Xulgado do Social número 3 de Ourense, ditada en xuízo seguido por instancia dos recorrentes contra a entidade mercantil Marcos Moda sociedade limitada, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, a sala confírmaa integramente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Marcos Moda, S.L., con último domicilio coñecido en Ourense, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 18 de xullo de 2012

O secretario xudicial