Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2012 Páx. 31770

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (320/2010).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento de demanda 320/2010, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Na Coruña, o dezaoito de xuño de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 320/2010 seguidos por instancia de Susana Beatriz Mazacotte de Bertoa, representada polo letrado Sr. Pérez López contra a empresa La Parrillada de Antonio, que non comparece a pesar de estar citada en legal forma e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que estimando integramente a demanda formulada por Susana Beatriz Mazacotte de Bertoa, representada polo letrado Sr. Pérez López contra a empresa La Parrillada de Antonio, que non comparece a pesar de estar citada en legal forma e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle a Celso González Sande a cantidade de 2.432,54 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 ET. Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela».

Con data 19 de xullo de 2012 ditouse auto aclaratorio da anterior sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Que se debe aclarar a decisión da sentenza do 18 de xuño de 2012 ditada nos presentes autos que queda do seguinte teor literal:

«Que estimando integramente a demanda formulada por Susana Beatriz Mazacotte de Bertoa, representada polo letrado Sr. Pérez López contra a empresa La Parrillada de Antonio, que non comparece a pesar de estar citada en legal forma e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle a Susana Beatriz Mazacotte de Bertoa a cantidade de 2.432,54 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes».

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso en virtude do disposto no artigo 215.4 LAC e artigo 267.7 LOPX.

Así por este auto o pronuncia manda e asina, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) da Coruña. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa La Parrillada de Antonio, S.L. expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de xullo de 2012

A secretaria xudicial