Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2012 Páx. 31772

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1426/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de demanda 1426/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«A Coruña, dezaoito de xuño de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 1426/2009, seguidos por instancia de Eva Fernández Lavandeira, representada polo letrado Sr. Pousa Merens, contra Ramón Louzao Méndez, en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que estimando integramente a demanda formulada por Eva Fernández Lavandeira, representada polo letrado Sr. Pousa Merens, contra Ramón Louzao Méndez, en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle a Ceso González Sande a cantidade de 1.132,98 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades, nos termos establecidos no artigo 33 do ET. Notifíqueselles esta sentenza ás partes facéndolles saber que en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela.»

Con data do 19 de xullo de 2012 ditouse auto aclaratorio da anterior sentenza, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Que se debe aclarar a decisión da Sentenza con data do 18 de xuño de 2012 ditada nos presentes autos, que queda do seguinte teor literal:

«Que estimando integramente a demanda formulada por Susana Beatriz Mazacotte de Bertoa, representada polo letrado Sr. Pérez López, contra a empresa La Parrillada de Antonio, que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle a Susana Beatriz Mazacotte de Bertoa a cantidade de 2.432,54 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.»

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún en virtude do disposto no artigo 215.4 da LAC e artigo 267.7 da LOPX.

Así, por este auto o pronuncia, manda e asina Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) da Coruña. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Ramón Louzao Méndez, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de xullo de 2012

A secretaria xudicial