Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2012 Páx. 31774

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (auto aclaratorio do procedemento 210/2011).

Número de autos: Seguridad Social 210/2011.

Demandante: Claudino Fernández Chenlo. Avogado: Pedro Naveira Couceiro.

Demandados: Instituto Social da Mariña, Altamar Heroya Primero Limited.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 210/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Claudino Fernández Chenlo contra o Instituto Social da Mariña e Altamar Heroya Primero Limited, ditouse auto de aclaración do 9 de xullo de 2012 polo que se aclara e complementa a sentenza número 64/2012, do 20 de febreiro de 2012, ditada en autos, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Acordo.

A aclaración e complementación da sentenza ditada nos autos arriba referidos no sentido de engadir na decisión:

«Que o ISM vén obrigado ao aboamento da pensión de xubilación do demandante na contía do 100 % da súa base reguladora de 1.546,08 euros mensuais, estando obrigada a empresa codemandada Altamar Heroya Primero Limited, incumpridora das súas obrigas de Seguridade Social, a constituír o capital custo de renda correspondente á diferenza entre a citada base reguladora e a recoñecida inicialmente de 1.464,85 euros mensuais».

Contra este auto non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, de ser o caso, contra a sentenza a que se refire a aclaración. Os prazos para estes recursos, se fosen procedentes, comezarán a computarse desde o día seguinte á notificación deste auto (artigo 215 da Lei rituaria).

Así, por esta a miña resolución, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación a Altamar Heroya Primero Limited, expido e asino o presente edicto.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2012

A secretaria xudicial