Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31205

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (684/2010).

Número de autos: procedemento ordinario 684/2010.

Demandante: Laura Marín Díez de Ulzurrun.

Avogado: Luis Andión Cerdeiriña.

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 684/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura Marín Díez de Ulzurrun contra a empresa Wendy Zapata, S.L., Wendy Zapata Míguez y otra, S.C., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza: 562/2012.

Número de autos: procedemento ordinario 684/2010.

Na cidade da Coruña, 5 de xullo de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Laura Marín Díez de Ulzurrun, que comparece asistida do seu letrado Luis Andión Cerdeiriña, e doutra como demandado Wendy Zapata, S.L., Wendy Zapata Míguez y otra, S.C., que non comparecen, en nome do rei ditou a seguinte

Decisión:

1º. Que estimando a demanda formulada por Laura Marín Díez de Uluzurrun contra a empresa Wendy Zapata, S.L., condeno esta a aboarlle a cantidade de 4.025,94 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos cos xuros conforme o artigo 29.3 do ET.

2º. E absolvo a Wendy Zapata Míguez y otra, S.C.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0684 10, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 00684 10, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino».

E para que conste e sirva de notificación ás empresas Wendy Zapata, S.L., Wendy Zapata Míguez y otra, S.C., expídese o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de xullo de 2012

O secretario xudicial