Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31207

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (491/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 491/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Cecilia Gonzales Casas contra a empresa Onkawa Belleza, S.L. sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Nº autos: procedemento ordinario 491/2010.

Na cidade da Coruña, cinco de xullo de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tendo visto os presentes autos sobre ordinario, entre partes, dunha e como demandante, Ana Cecilia Gonzales Casas, que comparece asistida do letrado David Pena Díaz, e doutra, como demandado, Onkawa Belleza, S.L., que non comparece,

Decido que, estimando a demanda formulada por David Puente Grela contra a empresa Onkawa Belleza, S.L., condeno esta a lle aboar a cantidade de 6.246,69 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou habente-causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co nº 1533.0000.65.0491.10, demostrándoo mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co nº 1533.0000.60.0491.10 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente».

E para que sirva de notificación á empresa Onkawa Belleza, S.L. expídese o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de xullo de 2012

O secretario xudicial