Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31209

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (670/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 670/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marta Vidal Dans contra a empresa María Dolores Decoración, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Nº autos: procedemento ordinario 670/2010.

Na cidade da Coruña o cinco de xullo de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña, logo de ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha, e como demandante, Marta Vidal Dans, que comparece acompañada de María Eva Rodríguez Vicente, e doutra, como demandada, a empresa María Dolores Decoración, S.L., que non comparece.

Decido que, aceptando a demanda formulada por Marta Vidal Dans contra a empresa María Dolores Decoración, S.L., condeno esta a aboarlle a cantidade de 181,83 euros que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíqueselles ás partes e advírtase que contra esta sentenza non cabe interpor recurso ningún, ao abeiro do disposto no artigo 191 da LRXS.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa María Dolores Decoración; expídese o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de xullo de 2012

O secretario xudicial