Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31210

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (129/2010).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento número 129/2010, deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Ana Belén Castro Bestilleiro, Dolores Joaquina Lestón Camaño, Rosa Fernández Palén, Daría Segade Brión, Beatriz Rodríguez Arrojo, Mª Paola Piñeiro Iglesias, contra a empresa Viajes Vinci, S.L., Globturis, S.L., sobre cantidade, ditouse a seguinte sentenza cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Ana Belén Castro Bestilleiro, Rosa Fernández Palén, Daría Segado Brión, Dolores Lestón Caamaño, Mª Paola Piñeiro Iglesias e Beatriz Rodríguez Arrojo fronte a Viajes Vinci, S.L., Globturis, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condeno a Viajes Vinci, S.L. e Globturis, S.L. as seguintes cantidades en concepto de salarios de novembro e decembro de 2009 e paga de Nadal de 2009, máis o 10 % da dita cantidade por demora no pagamento desta:

A Ana Belén Castro Bestilleiro: 4.697,01 euros.

A Rosa Fernández Palén: 4.256,46 euros.

A Daría Segado Brión: 2.685,18 euros.

A Dolores Lestón Caamaño: 5.998,38 euros.

A Mª Paola Piñeiro Iglesias: 2.819,04 euros.

A Beatriz Rodríguez Arrojo: 3.183,84 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Viajes Vinci, S.L., Globturis, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2012

A secretaria xudicial