Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31212

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (146/2010).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento número 146/2010, deste xulgado do social, seguido por instancia de Alba Rodríguez Zuñiga, contra a empresa Escuela Infantil Nana, S.L., Sergas e Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Alba Rodríguez Zúñiga fronte a Escuela Infantil Nana, S.C. e o Sergas e, en consecuencia, condeno conxunta e solidariamente a parte demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 1.924,58 euros, en concepto de salarios de xuño e xullo de 2009 e a paga proporcional de vacacións, máis o 10 % das cantidades salariais por demora no pagamento destas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Escuela Infantil Nana, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2012

A secretaria xudicial