Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31213

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (176/2010).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento número 176/2010, deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Vidal Ferreiro, contra a empresa Ingeniería Informática y Seguridad de Sistemas, S.A., Fogasa, sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte sentenza cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Ángel Vidal Ferreiro fronte a Ingeniería de Informática y Seguridad de Sistemas, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condeno a mercantil Ingeniería de Informática y Seguridad de Sistemas, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de 3.087,10 euros, en concepto de salarios novembro e decembro de 2009 e xaneiro de 2010, máis o 10 % das cantidades salariais por demora no seu pagamento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a notificación da presente resolución.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Ingeniería Informática y Seguridad de Sistemas, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2012

A secretaria xudicial