Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31214

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (780/2011).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 780/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Arias Santiago contra a empresa Mercado Tropical, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte sentenza cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo a demanda interposta por Cristina Arias Santiago fronte á mercantil Mercado Tropical, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento da demandante efectuado con efectos de 30.9.2011, así mesmo declaro extinguida a relación laboral existente entre Cristina Arias Santiago e a mercantil Mercado Tropical, S.L., e condeno a mercantil Mercado Tropical, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de 1.009,90 euros, en concepto de indemnización por despedimento improcedente, así como a aboar a cantidade de 4.059,30 euros, en concepto de salarios de tramitación (calculados desde o día seguinte ao do despedimento e ata a presente resolución).

Notifíqueselle esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de suplicación anta a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se interporá ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da presente notificación segundo prevén o artigo 189 da Lei de procedemento laboral.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mercado Tropical, S.L., en paradoiro descoñecido, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2012

A secretaria xudicial