Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31215

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (167/2010).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento número 167/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iris Verónica Delgado Núñez contra a empresa Fernández Lagoa Adriana Claudia, SLNE, actualmente Bodega Directa, SLNE, sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte sentenza cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo parcialmente a demanda interposta por Iris Verónica Delgado Núñez, en representación de Antonella Giannina Arias Delgado, fronte á mercantil Fernández Lagoa Adriana Claudia, SLNE e, en consecuencia, condeno a mercantil demandada a que lle aboe a Antonella Giannina Arias Delgado a cantidade de 2.690,15 euros, en concepto de atrasos do mes de setembro e outubro (1.135,64 euros), salario de novembro e decembro (1.266,86 euros) e vacacións non gozadas (287,65 euros), máis o 10 % das ditas cantidades por demora no pagamento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación ante o TSX de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Fernández Lagoa Adriana Claudia, SLNE, actualmente Bodega Directa, SLNE, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2012

A secretaria xudicial