Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31203

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (276/2011).

Eu, Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña fago saber que na peza de apelación que se dirá foi ditada sentenza con data do 17 de abril de 2012, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Audiencia Provincial.

Sección Quinta.

A Coruña.

Peza: 276/2011.

Proc. orixe: xuízo ordinario núm. 1298/2008.

Xulgado de procedencia: Primeira Instancia número 5.

Deliberación: o día 10 de abril de 2012.

La Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña pronunciou en nome do rei a seguinte:

Sentenza nº 173/2012.

Maxistrados:

Manuel Conde Núñez.

Julio Tasende Calvo.

Mª del Carmen Martelo Pérez.

Na Coruña, dezasete de abril de dous mil doce.

No recurso de apelación civil número 276/2011, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 5 da Coruña, en xuízo ordinario número 1298/2008 sobre reclamación de cantidade, sendo a contía do procedemento 87.452 euros, seguido entre partes, como apelantes: Luis Beneitez Martínez e María del Carmen Núñez Curros, representada polo procurador Sr. Amador Pardo; como apelados: María Consuelo Fraga Freira, Josefina Fiorina Fraga Freira e María del Carmen Fraga Freira, representado polo/a procurador/a Sr/a. Feito Vázquez; e como parte declarada en rebeldía Oiko Land, S.L. É relatora María del Carmen Martelo Pérez.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Decido que debemos confirmar e confirmamos a sentenza ditada, no 25 de maio de 2010, polo Xulgado de Primera Instancia número 5 da Coruña, en autos de xuízo ordinario número 1298/2008, dos cales dimana esta peza, con imposición das custas da alzada á parte apelante.

Declárase a perda do depósito constituído para interpor o recurso de apelación, ao cal se dará o curso legal correspondente.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza, da cal se unirá certificación ao rolo de apelación».

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG), co obxecto de notificar ás partes declaradas en rebeldía Oiko Land, S.L., expido e asino o presente edicto. Dou fe.

A Coruña, 4 de maio de 2012

A secretaria