Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31201

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 9 de xullo de 2012 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello Galego de Relacións Laborais.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello Galego de Relacións Laborais, anunciada pola Orde do 15 de maio de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 109, do 8 de xuño), de conformidade co establecido no artigo 29.2º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4º do referido decreto lexislativo, a Consellería de Traballo e Benestar

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello Galego de Relacións Laborais, anunciada pola Orde do 15 de maio de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 109, do 8 de xuño).

Segundo. Adxudicar destino no posto de traballo que se indica e seleccionar o funcionario que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidas ao interesado. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A xefatura do centro en que cause baixa o funcionario, así como a daquel en que obteña destino consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Traballo e Benestar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2012

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO

Apelidos e nome: Araújo Castro, Celso.

NRP: 3496809957 A2060.

Grupo: A1.

Denominación do posto de traballo: xefatura do Servizo de Negociación Colectiva e Xestión de Convenios.

Código: TR.I01.00.000.15770.040.

Corpo/escala: xeral.

Nivel: 28.

Dependencia: Consello Galego de Relacións Laborais.

Localidade: Santiago de Compostela.