Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 31003

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (442/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 442/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Belén Maceiras García e Carmen María Criado Serantes contra a empresa Plesmann, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Nº autos: procedemento ordinario 442/2010.

Na cidade da Coruña, 5 de xullo de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandantes, María Belén Maceiras García e Carmen María Criado Serantes, que comparecen asistidas do letrado David Pena Díaz, e doutra e como demandada, Plesmann, S.L., que non comparece.

Decido que estimando a demanda formulada por María Belén Maceiras García e Carmen María Criado Serantes contra a empresa Plesmann, S.L., condeno a esta a lle aboar a cantidade de 2.788,54 euros a María Belén Maceiras García, e 6.213,37 euros a Carmen María Criado Serantes, que lles debe en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co nº 1533 0000 65 0442 10, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co nº 1533 0000 60 0442.10, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a empresa Plesmann, S.L., expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de xullo de 2012

O secretario xudicial