Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 31001

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (200/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 200/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Allegue Piñeiro contra a empresa Galp Energía España, S.A.U., Bravio Gest I, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Nº autos: despedimento/cesamentos en xeral 200/2012.

A Coruña, 9 de xullo de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre despedimento entre partes, dunha, como demandante Manuel Allegue Piñeiro, que comparece asistido pola letrada Teresa Míguez Castelos e doutra, como demandadas, Galp Energía España, S.A.U., en cuxo nome e representación comparece o letrado Federico Martínez García e Bravio Gest I, S.L., que non comparece.

En nome do rei,

Decido.

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Manuel Allegue Piñeiro fronte á empresa Galp Energía España, S.A. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do seu despedimento, con condena da empresa demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese termo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, de optar a empresa por ela: 26.657,85 euros (vinte e seis mil seiscentos cincuenta e sete euros con oitenta e cinco céntimos).

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 41,33 euros/día, e que ata a data desta sentenza ascenden a 6.860,28 euros.

3. Absolvo a codemandada Bravio Gest I, S.L. en relación coas peticións realizadas contra ela na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0200 12, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta en Banesto a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 0200 12, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Bravio Gest I, S.L., expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de xullo de 2012

O secretario xudicial