Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 31005

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (991/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 991/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Arturo Pouso Montemuíño contra a empresa Inversiones Senxides, S.L., Alufar, S.L., Estructuras Metálicas Pousan, S.L., Aluminios Pouso Sanlés, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza 318/2012.

Procedimiento ordinario nº 991/2011.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2012.

Javier Fraga Mandián, xuíz substituto deste órgano xurisdicional, tras ver estes autos rexistrados co número arriba indicado, promovidos por Luis Arturo Pouso Montemuíño, asistido polo graduado social Cándido San Isidro López, contra as empresas Aluminios Pouso Sanlés, S.L., representada por Luis Manuel Pouso Sanlés, Alufar, S.L., Estructuras Metálicas Pousan, S.L., Inversiones Senxides, S.L. e o Fogasa, todos eles incomparecidos no acto de xuízo malia estaren citados en forma, pronunciou, no nome do rei, a seguinte resolución:

Resolvo:

1. Que estimando parcialmente a demanda interposta por Luis Arturo Pouso Montemuíño, en canto se dirixiu contra a empresa Aluminios Pouso Sanlés, S.L., debo condenala e condénoa a que aboe ao demandante, en concepto de cantidades debidas, a cifra de 2.123,26 euros, incrementada co xuro de mora do 10 %, computado na forma indicada no fundamento xurídico sexto desta resolución.

2. Que, igualmente, debo condenar e condeno o Fondo de Garantía Salarial, na súa condición de responsable legal subsidiario, a se ater á condena imposta á entidade codemandada no parágrafo que antecede.

3. Que debo absolver e absolvo a Alufar, S.L., Estructuras Metálicas Pousan, S.L. e Inversiones Senxides, S.L. de todas as peticións practicadas na súa contra.

4. Non se fai expresa imposición en custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que, contra ela, non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Inversiones Senxides, S.L., Alufar, S.L. e Estructuras Metálicas Pousan, S.L., expido e asino este edicto.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2012

A secretaria xudicial