Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 31007

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (39/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de modificación substancial de condicións laborais 39/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Laura Iglesias Mariño contra a empresa Systemic Servicios y Mantenimiento, S.L. sobre mobilidade xeográfica e funcional, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza 207/2012.

En Santiago de Compostela, 15 de maio de 2012.

María Mercedes Pena Moreira, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos estes autos seguidos neste xulgado co número 39/2012, en que foron partes, como demandante María Laura Iglesias Mariño, asistida polo letrado Sr. Blanco Loberías e, como demandada, a empresa Systemic Servicios y Mantenimientos, que non compareceu no acto da vista, sobre modificación substancial das condicións de traballo, pronunciou, no nome do Rei, a seguinte sentenza:

Fallo, estímase a demanda formulada por María Laura Iglesias Mariño contra a empresa Systemic Servicios y Mantenimientos, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase inxustificada a modificación substancial imposta á demandante e comunicada o 1 de xaneiro de 2012 condenando a demandada a deixala sen efecto e a repor a traballadora na xornada e horario que tiña con anterioridade á modificación operada con data de efectos do 1 de xaneiro de 2012.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina María Mercedes Pena Moreira, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña)».

E para que sirva de notificación a Systemic Servicios y Mantenimiento, S.L., expido e asino este edicto.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2012

A secretaria xudicial