Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2012 Páx. 30762

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 34 de Madrid

EDICTO (1011/2011).

Fernando Benítez Benítez, secretario xudicial do Xulgado do Social número 34 de Madrid, fai saber que no procedemento de demanda 1011/2011 deste xulgado (e acumulado 361/2012 do Xulgado do Social número 30 de Madrid), seguido por instancia de Ignacio Arranz Menager contra Soportes Publicitarios Móviles, S.L., se ditou sentenza con data do 5 de xullo de 2012, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Resolvo que debo estimar a demanda interposta por Ignacio Arranz Menager contra Soportes Publicitarios Móviles, S.L. e, logo de declaración de improcedencia, debo declarar resolta a relación laboral na data desta resolución xudicial e condenar a demandada a que lle satisfaga ao demandante as seguintes sumas: nove mil setecentos sesenta e dous euros con corenta céntimos polo concepto de indemnización extintiva, mil trescentos cincuenta e nove euros polo concepto de indemnización por falta de aviso previo, e sete mil douscentos corenta e oito euros pola reclamación de cantidade.

Notifícase esta sentenza ás partes, coa advertencia de que non é firme e contra ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, que se deberá anunciar ante este xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. Para isto abondará coa manifestación da parte ou do seu avogado ou graduado social ou do seu representante, cando lle fagan a notificación daquela, do seu propósito de o interpor, ou ben por comparecencia ou por escrito das partes, do seu avogado ou graduado ou do seu representante, dentro do prazo indicado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Soportes Publicitarios Móviles, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

Madrid, 6 de xullo de 2012

O secretario xudicial