Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2012 Páx. 30760

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (661/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 661/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alfonso Gómez Cancelo, Ignacio Enrique López Vilariño, Fernando Sánchez Sanmartín, Manuel López Vilariño, contra a empresa Aplistone, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 3 da Coruña.

Sentenza: 501/2012.

Número de autos: procedemento ordinario 661/2010.

A Coruña, doce de xuño de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante comparece o letrado José Nogueira Esmorís, asistindo a Alfonso Gómez Cancelo, Ignacio Enrique López Vilariño, Manuel López Vilariño e Rubén López Blanco. Non comparecen os demandantes Fernando Sánchez Sanmartín e Miguel Ángel Argerey Vizcaíno e doutra como demandado Aplistone, S.L., que non comparece malia estar citado en legal forma.

Decisión que admitindo a demanda formulada por Alfonso Gómez Cancelo, Ignacio Enrique López Vilariño, Manuel López Vilariño, Rubén López Blanco, Fernando Sánchez Sanmartín e a Miguel Ángel Argerey Vizcaíno contra a empresa Aplistone, condeno esta a aboarlle as cantidades seguintes que lle deben de salarios e demais conceptos.

Total debido

Alfonso Gómez Cancelo

3.856,65€

Ignacio E. López Vilariño

3.908,25€

Manuel López Vilariño

3.941,22€

Rubén López Blanco

3.548,22€

Tendo por desistidos a Fernando Sánchez Sanmartín e a Miguel Ángel Argerey Vizcaíno.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 150 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.0661.10, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0661.10, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación á empresa Aplistone, S.L. expídese o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de xullo de 2012

O secretario xudicial