Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2012 Páx. 30763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 17 de xullo de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se lle notifica a Rafael Rodríguez González o requirimento de documentación en relación coa súa solicitude de compatibilidade.

Con data 8.6.2012 a subdirectora xeral de Incompatibilidades e Boas Prácticas remitiu escrito de requirimento de documentación relativo ao expediente de compatibilidade solicitada por Rafael Rodríguez González.

Tentada por dúas veces a notificación do citado requirimento a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foron devoltas polo dito servizo coa indicación de ausente de repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude do presente anuncio, notifícalle a Rafael Rodríguez González o requirimento antes citado.

O interesado pode recoller o respectivo requirimento mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, infórmaselle ao interesado que, de conformidade co artigo 71.1 da citada lei, transcorrido o dito prazo sen que compareza, se lle terá por desistido da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 42.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública