Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2012 Páx. 30753

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2486/2009).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 2486/2009-S a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 835/2008 do Xulgado do Social número 1 de Lugo, promovidos por Pablo Orol Carregal contra o Fondo de Garantía Salarial e a empresa Extintores Lugo, S.L., sobre reclamación de cantidade, con data se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación formulado polo demandante Pablo Orol Carregal contra a Sentenza do 27 de marzo de 2009, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Lugo, en autos sobre reclamación de salarios, seguidos por instancia do referido recorrente contra a demandada Extintores Lugo, S. L., debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que no sucesivo se lle efectuarán as notificacións nos estrados, agás que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Extintores Lugo, S.L., con último domicilio coñecido no polígono Louzaneta, nave 6, estrada de Friol, As Arieiras, Lugo, expido e asino este edicto.

ACoruña, 6 de xullo de 2012

A secretaria xudicial